Un proxecto para reavivar a memoria e reivindicar os seus lugares comúns mediante roteiros, mapeos colectivos e outras intervencións xuntando a veciños e asociacións do barrio de Teis e moitas personas interesadas en non deixar esquecer ese pasado recente da cidade de Vigo. A facilitadora desta investigación foi a activista patrimonial AdelaVV e foi unha das accións do #salóndomarco comisariadas por Fran García Quiroga para o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Eu tiven o pracer de realizar o material gráfico para promocionar a participación e apoiar a realización de diversas accións.
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo